Friday 03 de May de 2024

Riveira homenaxea o 500 aniversario da morte de Leonardo da Vinci cunha exposición de gravados no Consistorio


 

O Concello de Riveira en colaboración co Museo do Gravado de Artes quere render homenaxe a Leonardo da Vinci no 500 aniversario da súa morte (acontecida o 2 de maio de 1519) a través dunha exposición que se albergará a Casa Consistorial ata o 15 de abril.

Hoxe tivo lugar a apertura nun acto que contou coa intervención do director do museo, Pastor Rodríguez, e do alcalde Manuel Ruiz. Formada por 35 gravados orixinarios do século XIX nos que se reproducen algunhas das obras do xenio italiano, reproducidas por grandes gravadores como Boutelie, Gavbrielle Poynot, Huot et Danguin, Alphonse Leroy, A.F. Dezarrois, A. Bridoux, Haussollier…

Acompañan á exposición unha mostra de láminas facsimilares realizadas a partir do orixinal da editorial Patrimonio Ediciones, onde se poden ver, entre outras, follas da Divina Proportione, o Home de Vitrucio ou o autorretrato de Leonardo, ademais de obras pertencentes á biblioteca do Duque de Berry.